¡Invitados a leer!

Un espacio de "La memoria y el sol"

A lingua das bolboretas / Manuel Rivas; ilustrado por Miguelanxo Prado

A lingua das bolboretas / Manuel Rivas; ilustrado por Miguelanxo Prado. – Vigo : Galaxia, 2005.

ISBN 84-8288-874-9

A lingua das bolboretas é un relato incluído no libro ¿Que me queres amor?, que no 2005 Galaxia tira do prelo nunha edición especial , ilustrada por Miguelanxo Prado e publicada coa colaboración da Asociación AIAN de Vigo.

Manuel Rivas obtivo o Premio Nacional de Literatura no ano 1996 co libro ¿Que me queres amor?, que anteriormente tamén recibira o premio Torrente Ballester. Un dos relatos incluídos neste libro é A lingua das bolboretas, que a finais do ano 2005 Editorial Galaxia edita cun deseño especial, ilustrado por Miguelanxo Prado, un dos grandes debuxantes galegos. Unha publicación que conta coa colaboración da Asociación AIAN de comerciantes de Vigo.

O orixinal universo literario de Manolo Rivas unido á capacidade plástica para explicar emocións e retratar personaxes e ambientes de Miguelanxo Prado poñen nas mans de lectores e lectoras unha senlleira edición de A lingua das bolboretas.

O relato de Manuel Rivas, que xa se atopa entre os contos de meirande popularidade da literatura galega, segue a sorprender e emocionar nesta nova edición na que as ilustracións botan unha luz diferente sobre un texto que gaña matices e intensidade con cada nova lectura.

Editorial Galaxia

Así comienza el relato La lengua de las mariposas en gallego:

Que hai, Pardal? Espero que este ano poidamos ver por fin a lingua das bolboretas”

O mestre agardaba desde había tempo que lle enviasen un microscopio aos da Instrución pública. Tanto nos falaba de como se agrandaban as cousas miúdas e invisíbeis por aquel aparello que os nenos chegabamos a velas de verdade, como se as súas verbas entusiastas tivesen o efecto de poderosas lentes.


Galaxiahttp://www.editorialgalaxia.es/

Anuncios

Información

Esta entrada fue publicada en 20 marzo, 2015 por en FRANQUISMO, MEMORIA Y DICTADURAS, RIVAS MANUEL y etiquetada con .
A %d blogueros les gusta esto: